A Lilicleta é unha auténtica festa rodante. Un antigo triciclo dos anos 60 de reparto de leite transformado nunha disco a pedais fará que nenos e maiores bailen e desfruten.
Equipo de son autónomo, luces, pompas de xabón, speaker, unha bocina de barco e decoración ou vestiario que se axustan ó tipo de evento
Unha gran elección para animar pasarrúas ou eventos en recintos pechados, feiras modernistas, festas populares, eventos deportivos, nadal, entroido, dinamización de hostelería e comercio, etc.
Xogando a reciclar
Reciclaxe, humor, medio ambiente, espectáculo, lixo, participación do público…
Neste espectáculo didáctico, en chave de clown, clasificaremos todos estes xéneros no seu correspondente contedor para obter unha forma diferente, e sobre todo divertida, de aprender a importancia da reciclaxe.
Unha experta en reciclaxe terá que ensinarlle ó seu novo e torpe axudante tódolos segredos da separación de residuos e para iso contará coa axuda do público.
Pasamos a vida xerando lixo. Prácticamente todo vai envolto ou nalgún “paquete”, por iso é importante saber onde vai cada cousa. E a mellor maneira de aprener é XOGANDO E RINDO!
Descubrindo o mundo coa microbioloxía
Quéhai nun charco? Por que as plantas son verdes? Por que a algúns o pole ou o pelo dos animais nos da alerxia? Que é unha célula e por que as temos todos os seres vivos?
Todas estas preguntas e moitas máis pódense contestar con 4 cousas: un microscopio, un pouco de auga, un anaco de cristal e moita, moita curiosidade.
Un obradoiro dirixido a todos eses peques ós que lles interesa todo o que lles rodea, incluso aquilo que non poden ver, pero que a súa gran mente científica lles di que está aí, adaptado para que o poidan entender dunha forma sinxela e divertida, e poidan dar os seus primeiros pasos no interesante mundo da microbioloxía.
Atemporal
O Mago Charlangas invítanos a viaxar a través do tempo co seu espectáculo Atemporal, onde a maxia e o teatro mestúranse creando unha historia na que navegaremos pola nosa imaxinación.
Coñeceremos a un científico tolo e os seus incríbles experimentos para adentrarnos nunha viaxe co Pirata Barbanegra na busca de máxicos tesouros.
Un número de ilusionismo co que gozaremos de xogos con cartas, bolas, moedas, billetes e máis sorpresas que nos farán pasar unha leda xornada chea de maxia.
Os Nortis son uns personaxes que viven na dimensión da creatividade e, a través dos libros, axúdannos a alimentar a nosa imaxinación.
Viaxaremos canda eles entre libros de cartón dos que xorden despregables, mecanismos móviles e xogos de contraluz con imaxes.
O fantástico carro dos soños
Os “Gaito Kamishibaiya” (contadores de contos xaponeses) adoitaban utilizar nos seus desprazamentos unha bicicleta co seu “Kamishibai”. Nesta obra deseñamos o noso propio utilizando como base o típico carro dos afiadores galegos.
As narracións de “O fantástico carro dos soños” están apoiadas en revisións sobre o Kamishibai, o teatro de obxetos, o teatro francés de papel e os despregables pop-up configurando un mundo máxico para o espectador.
Durante a narración poderemos contar con acompañamento musical en directo: zanfona, gaita, percusión...
Contos, risas e rock and roll
O que a priori parece unha fantástica e divertida velada de contos tradicionais pode converterse, se ninguén o remedia, nunha auténtica traxedia; menos mal que entre o público, un escandaloso e animado rockeiro sae voluntario para que o espectáculo poida continuar.
O que sucede a continuación, mellor nin imaxinalo, iso si, todo mesturado cun pouco de “Contos, Risas e Rock and Roll”.
As historias viaxeiras do Kamishibai
Fomentando valores e concienciación medioambental, cooperación, igualdade, creatividade e interese pola lectura este teatro de papel interpretará contos e lendas de todos os continentes.