Circo de rúa MOC MOC (pasarrúas)
Zancudos, clowns, malabaristas, acróbatas, lume, luces, pompas de xabón e música encherán de ledicia todo tipo de evento interactuando directamente cos asistentes a este circo de rúa montando unha auténtica festa.
Espectáculo interactivo e itinerante, tipo pasarrúas ou para un recinto interior.
Ofrecemos tamén a posibilidade de realización de paradas en lugares concretos para levar a cabo números de circo, clown ou xogos co público tales como animacións ou bailes grupais.
Opcións de complementos musicais:
- “Lilicleta Discomóbil”: un antigo triciclo dos anos 60 de reparto de leite convertido nunha auténtica discoteca con rodas que amenizará co seu equipo completo de luces, equipo de son autónomo, pompas de xabón e speaker.
- Carriño con pequeno altavoz portátil
- Grupo de percusión
*posibilidade de adaptar a temática de este circo de rúa: circense tradicional, anos 20, nadal, entroido ou calquera temática á que nos podamos adaptar.