Pócimas Frick

O Dr Frick é un charlatán capaz de vender á súa propia avoa, ten a solución a todo e é quén de sanar calquera doenza, en especial o aburrimento.

Pócimas Frick é o negocio co que mostra os incribles efectos que os seus productos poden facer e o espazo onde contar as súas aventuras.

Lanzamento de coitelos, monociclo, circo e humor son os utensilios deste personaxe.

Chala2

Dous divertidos personaxes aparecen en escena como grandes artistas, atreveranse a facer un espectáculo amosando as súas peculiares habilidades rozando a delgada liña entre o ridículo e o éxito para volverse totalmente CHALA2.

Kamishibai de Nadal

Unha viaxe por culturas e países que viven o Nadal.

Nárranse contos tradicionais de diferentes zonas do mundo, onde o nadal é o motivo principal.

A narrativa prodúcese a través de aparellos tradicionais xaponeses , como o kamishibai e o emakis, acompañado da técnica contemporánea de teatro e marionetas de papel.

Descubrimos que o nadal une a todos os países co mesmo espírito de compartir e celebrar.

Non hai cousas de neno e cousas de nena, só de persoas

Grazas á nosa fada Menta, personaxe do "Libro das emocións para nenas e nenos", representaremos contos e narracións para educar na igualdade e na diversidade coa técnica do Kamishibai, teatro de papel xaponés.

Montaxe para nenos, nenas, pais, nais e educadoras en xeral no que traballaremos a intelixencia emocional, tanto para comprender ó demáis e relacionarse con eles, como para mirar dentro de un mesmo e aprender a coñecerse.