Un torpe artista itinerante fai a súa tola entrada na vila. Todo vai a pior cando o seu axudante non aparece. Erros, triunfos frustrados, material improvisado para sacar adiante o espectáculo: unha vasoira que cobra vida, un monstro no medio do público con chapuzón na auga incluído... e ó final resulta que o espectáculo non era nesa vila!
Clown, malabares, equilibrios e lume son o resultado dun espectáculo no que prima a participación e interacción co público no que este devandito personaxe terá que amañarse para sair victorioso e bulir a fume de carozo para a vila correcta.
Circo na casa
Un espectáculo en prol da igualdade que busca concienciar sobre a importancia de colaborar nas tarefas domésticas.
Esas pequenas cousiñas que poden resultar pesadas podémolas transformar en divertidas coa simple axuda do xogo e a imaxinación.
Para este clown os roles entre homes e mulleres non están marcados. As tarefas domésticas din que hai que repartilas e non son aburridas en absoluto, pero… son tan doadas como parecen?
Con moitas torpezas, humor e malabares ou equilibrios con “cousas de andar por casa” seguro que este circo ten arranxo!
Aparvaolimpiadas
Un amago de atleta polipatético verase involucrado en multitude de problemas para lograr a ansiada medalla olímpica. A cerimonia de apertura remata sendo un desastre, tenta acadar o éxito nos deportes máis coñecidos e o único que logra é o fracaso máis absoluto. Logrará acadar a ansiada medalla?
Clown, mimo, pantomima e slapstick mestúranse neste tolo espectáculo no que o seu protagonista sae dun problema para entrar noutro e para rematar coa vitoria máis ridícula xamáis vista na historia.
Gala de circo
Diferentes artistas circenses deleitarannos ó longo de aproximadamente unha hora e media con números de clown, malabares, equilibrios, acrobacias aéreas, lume e moita interacción co público.
A Gala de circo Moc Moc é un espectáculo familiar, único e irrepetible, confeccionado especialmente para cada ocasión, que fará vibrar a todo o público coa maxia do circo
Fireshow Elderblot
Un espectáculo de circo e danza que utiliza o lume como principal elemento que, apoiado na música e na ambientación, logran transportar ó público a outro tempo e lugar.
Bastóns de lume, dragon staff, escupe lume, bola de contacto, buugens, comba de lume, pepeteros e pirotecnia traerannos o calor nórdico.
Elderblót representa un sacrificio vikingo (blót) de lume (eldr), onde un antigo chamán nórdico invoca tódolos seus poderes para facer fronte ó xigante Surter e así evitar o Ragnarök.
La Chimba
Xenial, iso significa “La Chimba”. E non hai mellor forma para referirse a este espectáculo libre e descarado onde grazas ós malabares, equilibrismos, diferentes tipos de monociclos, antipodismos (malabares cos pés) e humor pasemos unha xornada “Chimba”.
A verdadeira historia de Hamelín
Bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor son as chaves desta adaptación circense do clásico conto “O frautista de Hamelín” no que descrubriremos o que sucedeu en realidade. A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaranos unha persoa presente alí mesmo como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestan e fan imposible a vida dos seus habitantes.
Xa coñecedes a historia que querían facervos saber… é hora de coñecer “A verdadeira historia de Hamelín”.
Apuntando ao corazón
Monociclo xigante, mazas, pelotas, lume, coitelos, un paraugas, equilibrio e enerxía delirante son as claves deste show que xa deu a volta ó mundo.
Un agudo sentido da oportunidade permítelle detectar o momento xusto para detonar gargalladas. A improvisación e o humor son as chaves coas que nos abre as portas ó seu máxico universo de xogos e moito ritmo.
Santimbanqui é un neno con corpo de adulto que non detén a súa marcha con tal de divertir a públicos de tódalas idades. A súa gran destreza e espontaneidade combínanse co clown e os malabares.
Os contos do avó: lendas e historias de Galicia
Paixón pola nosa terra, a nosa xente e en especial os nosos cativos. Iso é o que sente este adorable avoiño ó transmitir de boca en boca, como se facía antano, as máis incríbles lendas e historias que brotan da nosa terra galega.
De norte a sur, de leste a oeste a súa maleta repleta de agarimo acompañan ó seu caldeiro de bo humor para arrincar un sorriso cheo de bondade.
A lume lento
Javi malabares amosa a súa receita para un espectáculo misturando humor e malabares nunhas proporcións que xeran abraio, gozo e ledicia a partes iguais.
Os seus utensilios son o seu bo humor, malabares con lume, mazas, equilibrios cunha Barbie, coitelos, diábolos, devil stick, xogo e participación do público e ata malabares cunha motoserra.