Unha trepidante aventura con dous divertidísimas personaxes, contada a través de varias historias ligadas sen descanso que non vos deixarán nin pestanexar.
Nada coma o que probaras antes, este dúo de danza de rúa crea números clásicos con toques contemporáneos nunha surrealista mestura de breakdance, teatro, pantomima e comedia física nutríndose do público como enlace dentro da historia.
Os contos do avó: mulleres galegas
O noso avoiño viaxeiro continúa a amosar ledicia e humor para achegarnos algunhas das máis apaixoantes historias sobre mulleres da nosa terra galega.
Uns relatos repletos de fervor, forza, coraxe e coma sempre moito humor.
Actuación de narración oral que mistura humor, clown e slapstick.
O axundante do Nadal
Se xuntamos o Nadal, os malabares, os equilibrios, a interacción constante co público, a Papá Noel, os Reis Magos e o Apalpador e os xuntamos todos nun saco de agasallos xunto a un elfo dos máis pallasos, torpes e rebeldes o resultado é este tolo contacontos circense no que transmitiremos a importancia e o beneficio de compartir cos demais.
Influencer
Un antigo malabarista perdido nun mundo novo, unha filosofía de vida, un postureo…
Influencer, comunicador, animal social, líder de opinión, celébrity, gurú, coach… un perfecto idiota ó que non hai tendencia nin trending topic que se lle escape.
O seu smartphone é o seu fiel compañeiro, o seu aliado, o seu amor e realmente non podería sobrevivir sen él.
Charlie, o inventor de palabras
Charlie é un personaxe extrovertido e moi especial. Coa axuda do público creará palabras novas para logo representar con eles o seu significado en escena, creando pequenas dramatizacións guiadas e facendo que o espectáculo sexa en todo momento participativo e moi divertido coa axuda de técnicas coma o clown ou a impro para fomentar a súa creatividade e imaxinación.
Axudas a Charlie a crear un diccionario de palabras inventadas?
Chekan
Chekan é un grupo de rock latino dos anos 70: Malo, Sapo, Chango, Azteca, Chicano, Black Sugar e Santana.
Temas moi intensos, ruidosos e bailongos para desfogar e desfrutar.
Con moito solo, moito tambor, rock por aquí, latin por aló e ás veces un tipo que canta teremos unha xornada chea de festa e bo ambiente.
Circo de rúa MOC MOC (pasarrúas)
Zancudos, clowns, malabaristas, acróbatas, lume, luces, pompas de xabón e música encherán de ledicia todo tipo de evento interactuando directamente cos asistentes a este circo de rúa montando unha auténtica festa.
Espectáculo interactivo e itinerante, tipo pasarrúas ou para un recinto interior.
Ofrecemos tamén a posibilidade de realización de paradas en lugares concretos para levar a cabo números de circo, clown ou xogos co público tales como animacións ou bailes grupais.
Opcións de complementos musicais:
“Lilicleta Discomóbil”: un antigo triciclo dos anos 60 de reparto de leite convertido nunha auténtica discoteca con rodas que amenizará co seu equipo completo de luces, equipo de son autónomo, pompas de xabón e speaker.
Carriño con pequeno altavoz portátil
Grupo de percusión
*posibilidade de adaptar a temática de este circo de rúa: circense tradicional, anos 20, nadal, entroido ou calquera temática á que nos podamos adaptar.
Lilicleta Discomóbil
A Lilicleta é unha auténtica festa rodante. Un antigo triciclo dos anos 60 de reparto de leite transformado nunha disco a pedais fará que nenos e maiores bailen e desfruten.
Equipo de son autónomo, luces, pompas de xabón, speaker, unha bocina de barco e decoración ou vestiario que se axustan ó tipo de evento
Unha gran elección para animar pasarrúas ou eventos en recintos pechados, feiras modernistas, festas populares, eventos deportivos, nadal, entroido, dinamización de hostelería e comercio, etc.
Xogando a reciclar
Reciclaxe, humor, medio ambiente, espectáculo, lixo, participación do público…
Neste espectáculo didáctico, en chave de clown, clasificaremos todos estes xéneros no seu correspondente contedor para obter unha forma diferente, e sobre todo divertida, de aprender a importancia da reciclaxe.
Unha experta en reciclaxe terá que ensinarlle ó seu novo e torpe axudante tódolos segredos da separación de residuos e para iso contará coa axuda do público.
Pasamos a vida xerando lixo. Prácticamente todo vai envolto ou nalgún “paquete”, por iso é importante saber onde vai cada cousa. E a mellor maneira de aprener é XOGANDO E RINDO!
Descubrindo o mundo coa microbioloxía
Quéhai nun charco? Por que as plantas son verdes? Por que a algúns o pole ou o pelo dos animais nos da alerxia? Que é unha célula e por que as temos todos os seres vivos?
Todas estas preguntas e moitas máis pódense contestar con 4 cousas: un microscopio, un pouco de auga, un anaco de cristal e moita, moita curiosidade.
Un obradoiro dirixido a todos eses peques ós que lles interesa todo o que lles rodea, incluso aquilo que non poden ver, pero que a súa gran mente científica lles di que está aí, adaptado para que o poidan entender dunha forma sinxela e divertida, e poidan dar os seus primeiros pasos no interesante mundo da microbioloxía.